Índice de contidos 00:03 Adiantamos os contidos dos que falaremos este venres 13 de marzo: peche de colexios,  supermercados cheos de xente, catedral de Santiago sen visitas e situación do epicentro de España, Madrid. 12:05 Sumámonos ao reto #quédatenacasa 13:55 A cativada está sen clases, comprobamos a situación en directo. Tan só acudiron aos centros ao redor do 20%. Falamos co mestre dun instituto que nos explica como funcionan as clases 'online' e achega recomendacións ás familias para que a cativada realice tarefas escolares durante estes 14 días 24:48 Libertad Culebras, psicóloga educativa, dános pautas para explicarlle á rapazada cal é a situación sanitaria que temos agora mesmo e tamén nos ofrece alternativas e pautas para facer cos pequenos estes días 31:57 Volvemos lembrar as medidas adoptadas na catedral de Santiago pechado ao público ata novo aviso 34:19 Damos que falar sobre algunhas das medidas adoptadas: suspensión de vodas, funerais, velorios, festas, feiras, actos cul