Índice de contidos 00:00 Comezamos 'A revista' deste xoves 7 de novembro pendentes das nevaradas que xa comezaron a caer na montaña de Ourense e Lugo 03:38 Adiantamos os nosos temas: a eficacia total dos produtos de farmacia e a necesidade ou non de durmir a sesta 08:45 Comezamos a falar collendo como referencia un estudo da Asociación Farmaciencia onde conclúen que algúns medicamentos non é necesario tomalos, son só un efecto placebo. Falamos cun representante desta asociación e tamén co presidente dun colexio de farmaceuticos 29:02 A raíña de Inglaterra vai deixar de empregar roupa con peles no seu vestiario. Que din disto os nosos opinadores? 33:19 McDonalds despide un alto cargo por manter unha relación consentida cunha empregada. Serán namoradeiros os nosos opinadores? 36:29 Fotos que nos mandan os nosos revisteir@s 37:51 As vantaxes e inconvenientes de durmir a sesta. Falamos cun psiquiatra experto no tema e tamén visitamos un hotel onde alugan cuartos para descansar e botar unh