Índice de contidos 00:00 Comezamos a 'Revista' deste xoves 2 de xullo adiantando contidos do programa: falaremos da auxe da bricolaxe e tamén faremos un percorrido polos faros da nosa costa. En directo estaremos nun faro convertido en restaurante 03:55 Os compañeiros de 'Zig Zag' tráennos propostas de teatro, música e poesía 14:39 No 'Dígocho eu' aprendemos sinónimos para a palabra 'trasteiro' 17:30 Nas últimas semanas a moitos deuselles pola bricolaxe. Arranxar as cousas estragadas pola casa. Axudáronnos cos arranxos Xosé Manuel Marcote, dunha ferretería de Cee e Xacobe Alonso, dunha ferretería de Vigo. Desde un local de Santiago contáronnos dos produtos que máis se esgotaron e dos que xa se está repoñendo 36:36 No tempo adicado a coidar das hortas, Carmen Freire explicounos como atallar a lepra dos pexegueiros 46:17 As revistas do corazón co funeral de Alex Lequio e a separación de Paloma Cuevas e Enrique Ponce 55:27 Laretamos sobre a última campaña do Goberno para concienciar á moc