Neste primeiro programa da segunda tempada coñecemos os novos participantes de A Liga dos Cantantes Extraordinarios. Nesta ocasión son 16 os convidados a participar na Liga: Kris Somad da Capitol, Iván da New York, Nakary da Olympus, Ana Paz da Cinema, Monia Borges da Marbella, Rita Barreiro da Charleston, Takito Mariñas da Televisión, Nando Jon da Génesis, Cristian Moreira de La Fórmula, David Seara da Finisterre, Alba Navarro dos Satélites, Danni Lamas da Kubo, Diego Barbazán da Fania Blanco Show, Irene Iglesias da Panorama, Fran Castellanos de Saudade e Marga que ágora mesmo non pertence a ninguna formación. Destes 16 artistazos só serán 8 os que pasen á segunda gala de A Liga, pero o resto non se ten que preocupar porque será repescado ao longo do programa en galas sucesivas. Co xurado tamén temos algunha novidade, e é que ao anterior curado de A Liga, formado por Pili Pampín, Lito, Lucía Pérez e Mon, únese Ula, o irmán de Mon e compañeiro en Monolious DOP e compartirán o posto d