Na cuarta entrega de A Liga dos Cantantes Extraordinarios loitará por manter o seu trono Alba Navarro e Rocío Varela, competindo contra Dani Lamas, Jose Ángel Albán e Rita Barreiro a primeira delas, e por outra banda contra Angel Sevilla, Iria Quintáns e xa veterana, Ana Paz. Será unha noite moi especial, xa que se dará a coñecer o novo tema de Pili Pampín, "Gozaremos do verán", que virá acompañado de unha gran sorpresa para todos os espectadores.