Na segunda gala da terceira edición dos Cantantes Extraordinarios estreamos o show cunha personal versión do clásico "Banana" da man de Pili Pampín e os Monoulious. Estrearase como extraordinario o coñecido Antonio Barros, que será retado por Lito e o resto do xurado nunha confronta bastante fóra do común. Participarán nesta gala, Alba Navarro, Alejandra Pais, Laura Añón, Peke, Rita Barreiro, Noly e o favorito de Pili Pampín, Diego Moreira.