Por se había algunha dúbida, os plans de Santos nunca acaban ben pero semella que se deu conta demasiado tarde. Atrincheirados na casa familiar, Santos, Peixe, Pancho e Constante fan todo o posible por manter a raia aos homes de Antonia. Mentres tanto, ela e Rafael ultiman o seu negocio, que se ninguén o evita, rematará coa cooperativa gandeira de Viladesantos en mans de Antonia. Pero o desenlace precipitarase cando a Garda Civil entre en xogo co obxectivo de evitar un derramamento de sangue entre os dous bandos, algo para o que ninguén do cuartel de Viladesantos está realmente capacitado.