Despois do ataque da asasina misteriosa e de levar moito tempo en coma, Santos espertou. Un pouco desorientado, pero co mesmo humor ao que ten afeitos aos seus seres queridos, Santos non tarda en poñerse ao día de todo o que aconteceu durante a súa estancia no hospital. Tan só lle escapa o pequeno detalle de que foi Rafael quen encargou a súa morte. E se non é porque Peixe mete a zoca, ese dato ía tardar moito tempo en coñecelo. E xa sabemos como é Santos... Agora quere vinganza. Sen pensar moito no seu estado de saúde, pois aínda está convalecente, Santos vai facer todo o posible por escapar da clínica. Quere atopar a Rafael e quere acabar con el. Haberá alguén capaz de impedilo?