As pistas falsas que deixou a asasina misteriosa foron suficientes para que a tenente Ánxela Moure descubrise a súa identidade, pero iso supuxo a súa sentenza de morte. A desaparición da tenente fai saltar todas as alarmas no cuartel, onde comezan un operativo para saber do seu paradoiro. Cando atopan o seu cadáver no coche de Constante, o desconcerto apodérase de toda a vila.