Mentres Santos segue no hospital recuperándose das súas feridas, o cuartel de Viladesantos mantén aberta a investigación para atopar a misteriosa asasina. As pistas falsas que creou esta para incriminar a Constante e despistar aos efectivos da Garda Civil están cumprindo a súa misión. Non obstante, Ánxela manexa outra teoría: alguén está intentando incriminar ao cura. Allea á investigación do cuartel, Uxía segue adiante coas súas pescudas.