No cuartel de Viladesantos están moi ocupados intentado descubrir a identidade da misteriosa asasina que atacou a Santos. E tamén por que o fixo. Debido ao vínculo persoal con Santos, Uxía non pode seguir no caso, pero iso non supón que quede de brazos cruzados. Comeza unha investigación pola súa conta, e a súa primeira medida é falar con Peixe. Quere coñecer o verdadeiro pasado de Santos en Serramoura.