Toda a vila está pendente do estado de Santos despois do ataque que sufriu a mans dunha asasina misteriosa contratada para matalo. Santos segue ingresado no hospital, pero, mentres loita por saír adiante, comeza a soñar unha vida alternativa na que Rivas está viva e Pancho quere axustar contas por asuntos do pasado. Na vida real, a Garda Civil compaxina a investigación para atopar a responsable do ataque coa custodia do cuarto no que está Santos, pois sospeitan que a misteriosa asasina pretende rematar o traballo. Ao mesmo tempo, Lourenzo está inmerso na posta en marcha dun novo negocio para Viladesantos.