Santos regresou a Viladesantos con moitas dúbidas sobre a súa vida: seguir sendo Santos, ese temido delincuente, ou abandonar a profesión e volver ser Mario Piñeiro, un honrado cidadán. Esta decisión supuxo perder a Uxía, a quen lle prometera que volvía a Viladesantos para empezar de cero, lonxe das actividades criminais. Santos non contaba con que unha nova persoa se ía cruzar no seu camiño e lle ía cambiar a sorte de vez. A quen lle empeza a mellorar a sorte é a Lourenzo. Un inesperado premio de lotería vai ser o impulso que necesitaba para deixar a Garda Civil e converterse no novo empresario da vila.