Chegou o día da gran voda entre Áurea e David. O Matachín está exultante porque iso supón unha oportunidade de ouro para desfacerse dos seus rivais. O que menos lle importa é que iso supoña un derramamento de sangue nunca visto en Viladesantos. Como parte do acordo entre o Matachín e Peixe, a voda celébrase no restaurante. Iso supón que Santos, Abel e Emilia van ser os camareiros do banquete. Esta circunstancia pódese converter nunha nova oportunidade para recuperar a figura, pero ninguén contaba coa asistencia ao enlace dunha vella coñecida... Alleos á treboada que vai ocorrer no restaurante, Roi, Uxía e Lourenzo intentan resolver o asasinato de Denís. Agora todas as sospeitas están postas en Ingrid. A actitude que teñen ela e mais Elba non fai máis que aumentar a presión dos gardas sobre elas. Van confesar o asasinato?