O roubo das figuras converteuse nun verdadeiro quebracabezas para Santos. Despois do intento errado por venderllas a Clemente, agora, despois da súa morte accidental, a cousa está máis complicada. De primeiras, Abel e Peixe deciden desfacerse do corpo, pero Santos, coa mente fría que o caracteriza, pensa que lle poden dar a volta á situación e pechar por fin o asunto. Ao mesmo tempo, Roi segue investigando a desaparición das figuras. Está convencido de que Santos tivo algo que ver. Uxía négase a crer a versión de Roi, pero todo cambia cando Denís aparece morto despois da malleira que lle deu a Constante. Mentres tanto, Abel está cada vez máis namorado de Áurea e parece que o amor é recíproco. Non obstante, tanto ela coma Abel descoñecen cal é o verdadeiro motivo do Matachín para organizar a voda co fillo do Ruso, polo que comezar unha relación nesas circunstancias pode supoñer un risco moi grande para os dous.