O Certificado covid será obrigatorio para acceder aos locais nocturnos, que poderán abrir ata as catro da mañá. Son as medidas acordadas entre a Xunta e os empresarios do sector, para aplicalas a partir da próxima fin de semana, se así o autoriza o Tribunal Superior de Xustiza.. // Reaccións das forzas políticas e colectivos ante a decisión do xuíz de Viveiro de arquivar definitivamente a causa polas gravacións íntimas a mulleres durante a romaría da Maruxaina. O maxistrado entende que ao ser obtidas na vía pública, a difusión das imaxes en webs pornográficas non constitúe delito. // Un xeorradar e un detector magnético sérvenlles aos arqueólogos para buscar restos romanos na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas. Cren que poden quedar soterrados vestixios dun asentamento que ocupou unhas 15 hectáreas. // O Celta prosegue a sua melloría de resultados, cunha primeira vitoria en Balaídos fronte ao Granada. 28-09-2021