Rapaces de entre sete e 14 anos sofren a cotío agresións no entorno educativo. A Garda Civil quere concienciar sobre a realidade do acoso escolar cun video, presentado en Pontevedra. // Os novos contaxiosde Covid repuntan a 43, case 20 máis que o día anterior, ainda que a incidencia segue a ser a máis baixa de España. A consellería de Educación estuda relaxar o protocolo de medidas sanitarias nos centros de ensino, co debate aberto sobre eliminar a máscara obrigatoria nos recreos. // Segue a polémica pola referencia á Galicia Profunda na resolución da xuíza de Marbella sobre unha nai que marchou co seu filla a vivir a Muros. O Parlamento Galego expresa o seu rexeitamento unánime. // O Celta desquítase, cunha vitoria contra o Getafe, por cero a tres, a terceira da temporada. O equipo vigués recupera o bo xogo e a eficacia con goles de Santi Mina e Iago Aspas. 26-10-2021