Segue a busca de positivos en relación co gromo que se considera orixinado en viaxes de fin de curso a Mallorca. A Consellería de Sanidade confirma xa 50 casos en distintos puntos, a maioría en Pontevedra, e di que algúns contaxios corresponden á variante Delta do virus. // O sector do lecer nocturno acolle con satisfación o acordo para a volta a actividade a partir do día 1 de xullo. Permitirase bailar nas pistas, con máscara e distancia de seguridade e os locais poderán abrir ata as tres da mañá. // Unha muller de Boqueixón, vítima de violencia machista, reclama mais seguridade ante a saída do cárcere do seu agresor, cun permiso de 15 días. Ela dí que non lle da tranquilidade dabondo coa orde de afastamento. // As grandes cadeas de moda adiantas as rebaixas de verán, con descontos tamén por Internet. Os pequenos comercios reclaman unha regulación temporal da campaña para frear unha guerra de prezos na que, din, non poden competir. 25-06-2021