Traballadores do Banco Sabadell protestan en Santiago, xunto cos seus compañeiros do resto e España, contra o ERE presentado pola entidade, que contempla a perda de 93 postos de traballo en Galicia o peche de case a mitade das oficinas. // O sector das festas e os eventos culturais acolle con espectación o aumento ao 75 por cento da cabida e a posibilidade de que o público poda bailar ao aire libre a partir do sábado. 48 orquestas actuarán xa esta fin de semana. // A curva de incidencia da Covid acelera a sua caída. Os casos activos baixan en mil menos na última semana e os hospitalizados redúcense a metade. A taxa de positividade queda no 1.7 por cento. // Unha mostra dos mellores traballos internacionais no cine de non ficción. É a cita do festival Play Doc que arranca en Tui, con 22 obras a concurso, e cunha homenaxe realizador galego Daniel Domínguez. 23-09-2021