Os locais de Hostalaría poderán acoller xa o 100 por cen da cabida de clientes, e abrir ata a unha e media da mañá as fins de semana. A Xunta elimina tamén as restricións nas residencias e declara rematado o estado de emerxencia sanitaria. // Galicia e a comunidade coa mellor situación da pandemia, cunha incidencia de 14 casos por 100.000 habitantes, a máis baixa dende agosto de 2020, e cunha taxa de ocupación hospitalaria por debaixo 1%. //.Un can robot con cámara de visión térmica que axuda aos vixilantes nas rondas polo campus da Universidade. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade. A tecnoloxía foi presentada hoxe en Vigo. // Figuras de xadrez de cristal de rocha, elaboradas en Oriente; unha arqueta de marfil da que apenas hai cinco similares en todo o mundo. Son pezas de valor incalculable que forman parte do Tesouro de San Rosendo, que Científicas do CSIC están a analizar en Ourense. 21-10-2021