Os traballadores de Alcoa, esperan movilizados a decisión do Tribunal Supremo sobre o ERE co que a empresa pretendía pechar a planta de Aluminio, en San Cibrao. Confían en que o Alto Tribunal ratifique a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que o anulou por considerar que a multinacional actuou de mala fe. // Os maiores de 80 anos serán citados a partir do luns para recibir, xunto coa vacina da gripe, a dose de reforzo contra o covid, Sempre que pasaran máis de seis meses dende a segunda dose. // A Caida dun falso teito dun piso de estudantes en Santiago puido acabar en traxedia. Por segundos, as inquilinas decatáronse da derruba e deulles tempo a fuxir. // Unha empresa de drons de Lalin vai intentar rescatar hoxe os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma. Deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos un por un. 20-10-2021