A vacinación dos menores de 50 anos comenzará en Galicia a finais de Xuño. O conselleiro de Sanidade adianta tamén que, de continuar o ritmo actual, nas próximas semanas poderá decidir sobre relaxar o uso da máscara en espazos exteriores. // o concello ourensán de Lobios. Alí investígase a orixe dun gromo no que se teñen detectado xa 21 casos positivos, e que podería levar a este municipio a entrar no nivel máximo de restricións. // Os restos mortais de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta en 2002, son retirados do cemiterio de Pereiró, para proceder á busca de posibles restos de ADN baixo as unllas, e outros indicios. A Xuíza ordenou reabrir a investigación sobre o caso, cando estaba a piques de prescribir. //Os galegos volven apuntarse a facer turismo tralo levantamento do peche perimetral. Moitos aproveitaron a ponte do día das Letras, para viaxar fóra da comunidade. As axencias aumentan as reservas e recuperan a traballadores en ERTE. 18-05-2021