Vacinación, sen cita previa, agora nos campus universitarios. Unha oportunidade para quen quedara fóra, por distintos motivos, da convocatoria co seu grupo de idade. O sistema, xa iniciado o sábado nos puntos de vacinación masiva, está dispoñible hoxe e mañá nos sete campus galegos. // Novo descenso de casos activos, ainda que hai 9 pacientes ingresados máis. Os contaxios rexistrados no último día baixan de cen, a menor cifra dende xuño e tamén, por primeira vez nos últimos meses, non se notificou ningún falecemento por Covid. // Lonxevidade e mellor calidade de vida. Son efectos beneficiosos da Dieta Atlántica e o maior consumo de peixe, tal como poñen de manifesto estudos científicos presentados en Santiago por expertos internacionais en medicina e nutrición . // Coa goleada encaixada ante o Madrid, o Celta iguala xa o peor inicio de liga no que vai de século. En catro xornadas só conseguiu sumar un punto. 13-09-2021