Alivio pero tamén moita cautela. Así se reciben na rúa as novas medidas que sustituen ao estado de alarma a partir domingo, e dan un paso máis  cara a normalidade. Horarios máis amplos para a hostalaría, sen toque de recollida e eliminación dos límites para entrar e sair da comunidade. //As restricións de mobilidade desaparecen en prácticamente toda Galicia, agás os concellos no nivel máximo, entre eles o de Padrón, que pasará a fin de semana en confinamento perimetral, ante o aumento da incidencia rexistrada. // Taballadores da planta das Pontes piden que se paralicen os traslados de persoal por parte de Endesa, no que consideran Transición xusta, unha vez desbotado definitivamente o cambio a produccion con biocombustibles. // As Rías rexistran o momento máis intenso da marea vermella, que obriga a manter pechados a maioría dos polígonos de mexillón. A tendencia é a estabilización e a mellora deste fenómeno natural para a vindeira semana. 07-05-2021