Os novos contaxios detectados nas últimas horas dispáranse ata 254. É a cifra máis alta dende o mes de marzo. A taxa de positividade volve superar o 5 por cento que marca a OMS para considerar a pandemia baixo control. Ainda que a presión hospitalaria mantense á baixa.. // Arestora viaxan dende Mallorca 21 mozos galegos que permanecían en corentena nun hotel en Palma, logo da resolución xudicial que anulou o confinamento forzoso dos que non deran positivo nas probas de Covid. // Os expertos destacan a eficacia das vacinas para frear a gravidade da variante delta do virus. A Xunta implantará un sistema de autocita para que os máis novos podan adiantar a vacinación, en certos casos, a data que corresponda polo seu tramo de idade. // A maioría dos locais de lecer nocturno renuncian á reapertura, autorizada dende hoxe. Os que non teñen terraza din que non lles compensa polas dificultades para cumplir o protocolo sanitario e a falla de espectativas ante a repunta da incidencia. 01-07-2021