As instalacións da central de Meirama, dan un paso definitivo para o seu desmantelamento coa eliminación da cheminea, logo de que hai dous meses fora xa demolida a torre de refrixeración. // Os sindicatos médicos convocan unha folga en Galicia, a partir do 11 de abril, na que queren que participe tamén o resto dos traballadores sanitarios. // O sector pesqueiro rexeita o Plan aprobado polo Goberno que contempla a instalación de cinco parques eólicos flotantes fronte á costa galega. // O sector audiovisual galego en pleno auxe. Galicia é a terceira comunidade que máis contidos exporta e decenas de produtoras xa están aquí asentadas, aproveitando o talento galego para conquistar o mercado internacional. 01-03-23