Moitos vecinos sentían esta mañanciña o tremor de terra de magnitude 4´4, que se rexistraba fronte a costa cantábrica, entre as provincias da Coruña e Lugo, e que deixou moitos sustos pero sen ocasionar danos. // Casas de turismo rural e hoteis dos principais destinos, practicamente ao completo para a ponte festiva, con moitas reservas vinculadas ao bono turístico. Tráfico preve case medio millón de desprazamentos ata a medianoite do luns. // Cortadas a man, unha por uha. Así traballan nesta cooperativa de flores de Betanzos, para preparar a festividade de defuntos, que concentra o 30 por cento das vendas de todo o ano. Galicia é a terceira comunidade con maior producción. (29/10/2021)