Declara ante o xuiz na Coruña outro mozo, detido en relación coa malleira que costou a vida a Samuel Luiz. É amigo dos demáis acusados do crime. A Policía entrega tamén no xulgado nova documentación sobre o envorcado dos teléfonos móviles. // O Comité Clínico da Xunta da o visto bo ao novo protocolo para o lecer nocturno, ao tempo que o Ministerio de Sanidade chega coas comunidades a un acordo para a volta do público ao cen por cen nos estadios de fútbol. // Reforzos da policía nacional, autonómica e local intentarán frear en Santiago as aglomeracións de mozos durante a madrugada nas inmediacións dunha discoteca. Os veciños quéixanse de molestias polo ruído e a acumulación de desperdicios. // Todo a punto para o Foro que reune durante tres días a Políticos, banqueiros e empresarios de primeira fila na illa da Toxa. Felipe VI encargarase da inaugración esta tarde, e a vicepresidenta Nadia Calviño abrirá o debate sobre os retos da recuperación económica. 29-09-2021