A incidencia acumulada da Pandemia baixa de 100 casos por cen mil habitantes por vez primeira dende o verán. Máis lentamente baixa a curva da presión hospitalaria, que segue en niveis de xaneiro, con 369 ingresados. // A abogacía do Estado e a da Xunta estudan recorrer a sentenza do Pazo de Meirás para evitar ter que indemnizar aos herdeiros de Franco. // Gandeiros afectados por ataques de lobos levan ante á delegación do goberno a sua protesta contra a protección total da especie. Din que os danos se teñen duplicado nos últimos catro anos, con máis de 2.000 reses mortas. // Dirixe unha das principais adegas do Salnés e preside a asociación galega de cooperativas. Dolores Calvo, fala dos retos para aumentar a participación das mulleres nos órganos directivos das empresas, que subíu en Galicia do 12 ao 22 por cento na última década. 09-03-2021