O Pórtico da Gloria volve poder ser visitado, dende esta mesma tarde. A reapertura ao público, logo de meses pechado pola pandemia, é cun programa de acceso controlado e gratuito, en grupos de ata 20 persoas.. //Medra a incidencia da Covid-19, hoxe con 77 casos por 100.000 habitantes. Hai máis casos activos pero con menos contaxiados e menor presión hospitalaria. // O elevado número de consultas fai colapsar a web da Xunta para solicitar o bono turístico, que hoxe de abre o prazo. A medida de apoio ao sector mediante unha tarxeta prepago de ata 500 euros. // Co Grammy Latino baixo o brazo, Daniel Minimalia volve a Ourense e fala dos seus novos proxectos. O guitarrista e compositor vai comezar unha xira por todo o mundo e comezou a escribir un libro. 14-04-2021