Esta noite remata o ano e en Vilagarcía xa teñen ensaiado o de comer as uvas ao son das badaladas // Esta mañá en prazas e supermercados apurábanse as últimas compras para esta noite // Concentración na Pobra do Caramiñal en recordo das vítimas da violencia machista cando se cumpre un ano do achado do cadáver de Diana Quer // O pai de Diana Quer reclama a pena de prisión permanente revisable para asasinatos como o da súa filla // O aninovo traeranos unha suba das peaxes das autoestradas // O breogán gaña por vez primeira fóra da casa. 31/12/18