Vilagarcía adiantouse a comer as uvas, ás 12 deste mediodía, ao son das badaladas do reloxio do concello // O marisco volverá ser o produto estrela das ceas desta noite. Están hoxe á venda cos prezos máximos do ano, cos percebes por riba dos 100 euros o kilo e os camaróns a 160 // Pemex volve aprazar a adxudicación dos dous floteis aos que optaban Barreras e Navantia. A decisión atrásaa ao 28 de xaneiro, para, segundo di a petroleira, "seguir avaliando as propostas" // Matan en Caracas un emigrante de Ramirás, Ourense, de 61 anos. Parou nun area de servizo da autoestrada, e alí matárono cun tiro no peito para roubarlle as pertenzas // O AVE chegará a Vigo dentro de un ano, cando se prevé que estean rematadas as obras do eixo atlántico ferroviario e as da estación provisional da cidade. A Ministra de Fomento garantiu o orzamento para que se cumpra ese prazo.