Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas e foi necesario activar o nivel de alerta 2 porque tiveron que ser desaloxados unha ducia de veciños de tres parroquias // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite. Os grupos da oposición pedían a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar a medidas adoptadas nestes eidos // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. Unha xunta na que aprobarán cambios no consello de administración que seguirá presidindo o deseñador ourensán. 31/08/15