A Xunta reitera que non deixará sen asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares que leven vivindo en Galicia seis meses e carezan de recursos. Vaino facer a través dun programa de protección social e saúde pública. //Cargar a batería do móbil na praia, aproveitando o sol. É unha posibilidade que agora se ofrece nas illas Cíes. O Parque Nacional das Illas Atlánticas ten en marcha un plan para conseguir que neste espazo natural só se empreguen enerxías limpas. // Fin de semana de bicicleta e fútbol de primeira. A Volta Ciclista a España corre hoxe entre Santiago e Ferrol. E en fútbol, Celta e Deportivo xogan mañá pola tarde na casa. (31/08/12)