Galicia é unha das comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit público, no exercicio do 2013. A diferenza entre gastos e ingresos na nosa comunidade foi do 1,1% e o máximo previsto era do 1,2%. Tamén hoxe se coñeceron os datos do crecemento do producto interior bruto das autonomías. En todas caeu, o ano pasado. En Galicia ese descenso foi do 1%. Menor que a media // Os veciños de Punxín manteñen o seu peche no concello para protestar polo recibo da auga, que consideran abusivo. Organizados por turnos, levan catro días de encerro. O alcalde di que non pode abaratalo, porque non recauda suficiente // Un pequeno dispositivo patentado por unha empresa de Vigo permite o diagnóstico remoto de enfermidades do corazón. Posibilita que un cardiólogo examine a distancia o resultado dun electrocardiograma, por exemplo, dun tripulante dun barco, sen perder un tempo que pode resultar vital para o enfermo. 31/03/14