Pechadas as sete principais cidades de Galicia. Dende as tres da tarde, Vigo, Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol, súmanse a unha situación na que xa se atopaba Ourense, sen poder entrar ou sair sen causa xustificada. A medida adoptada polo Comité Clínico durará como mínimo ata o martes. Inclue a limitación de reunións a persoas conviventes. // Os casos activos superan os 8.300, logo de contabilizarse máis de 700 novos contaxios, o peor rexistro nun día dende que comenzou a pandemia. 13 persoas faleceron nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra de vítimas por riba das 900. //Sanidade acaba de autorizar que os 12 tripulantes do pesqueiro SANAMEDIO, todos positivos en coronavirus,((COLAS)) poidan pasar la corentena nas súas casas, cumprindo pautas preventivas no traslado. O barco, con varios tripulantes do Morrazo, atracou o mércores no porto de Marin e dende enton os mariñeiros permanecían confinados no interior. 30/10/20