Escoitas autorizadas polo xuiz, mentres os pais de Asunta Basterra estaban detidos no cuartel de Lonzas, descobren unha conversa na que a nai, Rosario Porto, lle tería reprochado ao pai, Alfonso Basterra, "Tú y tus jueguecitos" e tamén lle tería preguntado: "Te ha dado tiempo a deshacerte de eso? // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017. Así consta no acordo asinado hoxe pola empresa coa Xunta e que prorroga a autorización ambiental que lle caducaba á factoría o próximo 6 de xaneiro // A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas Anunciouno o Presidente do Goberno Galego no Parlamento onde tamén asegurou que o Porto Exterior de Ferrol comezará a operar a principio do ano que vén // O Celta caeu derrotado en Balaidos fronte ao Barcelona, por tres goles a cero, un Barsa que se adiantou no marcador xa no minuto 8. 30/10/13