O Sergas opta por cambiar aos usuarios as máscaras de tea polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas, as de tea, alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.//As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios coa ollada posta nas xuntanzas familiares. // Campaña da Universidade de Santiago para Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. 30/09/20