Parece que hai avances na investigación sobre a desaparición de Diana Quer, a moza de 18 anos da que non se volveu saber nada dende principio da semana pasada. Agora esas investigacións céntranse nunha marcha voluntaria ou nunha retención contra a súa vontade // Tamén en Baiona continúan a buscar a un mozo de trinta anos que desapareceu a semana pasada. Deixou unha nota de despedida e borrou os datos do seu ordenador, pero a familia e os investigadores manteñen abertas varias hipóteses sobre as posibles circunstancias da súa desaparición // Ata o outono é posible disfrutar das viaxes nas nove rutas dos trens turisticos, entre elas as das cinco denominacions de orixe dos viños galegos. Percorridos moi demandados cunha ocupación que supera o 90%. 30/08/16