Está controlado o  incendio de Palmés (Ourense) que queimou 230 hectáreas. A persoa imputada por presuntamene prender o lume.A xuiza apraza a declaración do secretario xeral do PSdeG-Psoe José Ramón Gómez Besteiro e do ex alcalde de Lugo, José López Orozco, prevista para mañá polo caso das Torres do Garañon. Investiga posibles irregularidades urbanísticas nesa promoción.Galicia móstrase satisfeita do reparto do sistema de financiamento autonómico: recibirá o ano próximo 413 millóns de euros extra, ata un total de 6.700 millóns. O Consello Superior de Investigacións Científicas recolleu 30.000 mostras de fungos que atacan as vides das cinco denominacións de orixe de viño para obter información de moita ulitilidade para os viticultores.  Dani Rivas, o piloto de Moaña falecido nunha competición de motos nos Estados Unidos, chega mañá á súa vila, e será enterrado na súa vila o sábado pola tarde. (30/07/15)