A garda civil investiga o asasinato dun home de 92 anos en Valga, Pontevedra, que apareceu semicalcinado. Tiña 12 fillos e vivía só. Anteriormente asaltaranlle a casa varias veces, polo que os axentes investigan se nesta ocasion, cun final traxico, tamen o atacaran na busca de cartos // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova 4 millóns de euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A multinacional galega tén que avalar coa sua sede central, perto de Vigo, e a marca comercial, un crédito urxente de nove bancos acredores para continuar coa actividade e recibir os 55millóns de euros necesarios para a xestión diaria // O Consello da Xunta puxo hoxe en marcha o Plan de Prevenciòn de incendios forestais, coñecido coma PLADIGA. Manterà a sete mil operarios traballando nos montes e incorpora novidades técnicas coma o uso de cámaras de infravermellos. Tamén concedeu as medallas Castelao deste ano. 30/05/13