Buscan na localidade lucense de Bóveda a unha parella de anciáns que todo parece indicar que quedaron atrapados no derrube da súa casa tras declararse un incendio nela // Tres días de loito oficial, no Carballiño, en Ourense, pola morte violenta dunha muller de 55 anos, asfixiada presuntamente polo seu marido // A Xunta sumarase a petición da federación galega de municipios e provincias ao ministerio de facenda para que conceda unha prorroga na aplicación da lei que obriga os concellos a contar cun tesoureiro con habilitación nacional. 30/01/17