A repunta dos casos activos de Covid e xa dun 20 por cento na última semana, e volven superar os 500. En concreto hoxe son 505, 28 máis que onte, tras detectarse 56 novos contaxios nas últimsa horas. A presión hospitalaria, polo momento, continúa baixa, e os pacientes ingresados son 25 dos que soamente tres están nas UCI. O balance de falecidos dende o inicio da pandemia ascende a 2.652, trala morte onte dun home de 52 anos en Ourense. // O Presidente da Xunta comunicou que xa apareceron en Galicia os primeiros contaxiados coa nova variante Delta Plus. // O mellor Celta da tempada topou onte en Balaídos cunha parede na Portaría da Real Sociedad. O australiano Ryan, que se estreaba na Liga, demostrou moitos reflexos. Parou ata seis tiros, que poideron darlle a vitoria aos celestes. (29/10/2021)