Castela e León establece un confinamento perimetral de toda a Comunidade, que se suma ao xa vixente en Asturias, o que impide viaxar dende Galicia aos territorios veciños durante os próximos días. Un peche perimetral que Galicia non contempla polo momento. //Os contaxios detectados no último día volven superar os 600, coa área sanitaria de Vigo á cabeza. Os pacientes hospitalizados soben a 471, a cifra máis alta da segunda vaga, e nos centros de ensino contabilízanse cerca de mil positivos. // 55 millóns para rebaixar as peaxes na AP9 nos orzamentos do Estado.Socialistas e BNG celébrano como un cumprimento do pacto de investidura. A Xunta destaca que o investimento previsto en Galicia é o máis baixo dos últimos 15 anos. 29/10/20