Os incendios dan hoxe unha tregua e, segundo o último reconto da Consellería do Medio Rural só está activo o da zona do Rosal, na provincia de Pontevedra.No que vai de ano levan ardido sete mil novecentas hectáreas.A Xunta acordou hoxe crear 435 postos de auxiliares de conversa para potenciar o ensino de idiomas nos centros educativos galegos o curso que vén. Foi no primeiro conselllo que se celebra despois do paréntese do verán .A Policía investiga os insultos e amenazas que sofriu a Xuíza Pilar de Lara, que dirixe, nos xulgados de Lugo a Operación Pokémon contra unha presunta trama de corrupciòn en varios concellos. O Real Madrid xa está na Coruña onde esta tarde se vai enfrontar ao Deportivo na disputa do trofeo Teresa Herrera.Os brancos chegaron este mediodía a Alvedro e instaláronse nun hotel da cidade. (29/08/13)