O presidente da Xunta reafirma a solvencia de Galicia fronte á decisión da Generalitat de acudir ao fondo de liquidez do Estado. Asegura que a nosa comunidade non vai ser rescatada. // Descobren nun monte do Rosal, en Pontevedra, un petróglifo de nove metros con numerosas figuras xeométricas. No mesmo lugar poden aparecer outras pedras con debuxos semellantes. As inscricións son de hai catro mil anos. // Continúa a Volta a España por terras galegas, cunha gran expectación á beira das estradas polas que pasan os ciclistas. Hoxe corren unha contrarreloxo individual entre Cambados e Pontevedra. // O tenor Celso Albelo vai protagonizar esta noite o concerto inaugural do Festival de Ópera da Coruña, que nesta edición cumpre o seu sesenta aniversario. 29/08/12