As temperaturas marcan hoxe máximos do que levamos de verán. De feito hai activas varias alertas porque os termómetros superarán os 30 graos na meirande parte de Galicia. Por riba dos 35 graos no interior da provincia da Coruña, sur de Lugo e Pontevedra e mesmo chegarán aos 40 no interior de Ourense // Abre as súas portas en Vigo o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro. Hoxe recibiu os primeiros doentes, 25 pacientes de hemodiálese e nefroloxía. alí traballan de momento 70 sanitarios. Serán máis de cinco mil traballadores en total cando se complete o traslado, que se fará  ao longo do verán // O novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, quere mellorar a información que se lle facilita á opinión pública sobre os asuntos xudiciais, co fin de evitar o que califica de distorsións propiciadas polas partes en litixio. 29/06/15