A dirección da fábrica de automóbiles de Vigo comenzou hoxe a negociar cos sindicatos medidas laborais para adaptarse á posible adxudicación dun novo modelo. A cambio dunha maior flexibilidade laboral, os sindicatos esperan un aumento do emprego. A moza de 26 anos, localizada onte pola policía, nun hostal de Lugo, logo de que seus pais denunciaran a súa desaparición volveu prestar declaración esta mañá. Mentres, segue detido o exnoivo ao que os policías interrogaban xa dende o momento da denuncia, ao apreciar contradiccións na súa declaración. A neve fai posibles os deportes de inverno en Cabeza de Manzaneda, en Ourense. Alí déronse cita, neste inicio de semana moitos afeccionados que contan con 19 pistas abertas e 14 quilómetros esquiables. (29/02/16)