Unha profunda borrasca, centrada no Mar do Norte, vainos afectar de cheo a partir desta tarde. Traerá mar de fondo, con ondas que hoxe superarán os cinco metros  pero que mañá poderían ser de sete metros. Tamén haberá intensas choivas e ventos fortes .   O consello aproba o plan para aplicar 5 leis e 50 medidas de transparencia , anunciadas o martes no parlamento polo presidente Alberto Núñez Feijoo. Noutro ámbito, a xunta aprobou suprimir 75 comités asesores, comisións e outros órganos colexiados .  Os galegos somos os que mellor aforramos e gastamos de toda España. O ano pasado un 35%  dos galegos conseguiron aforrar. Segundo un estudo económico, mais da metade ten reservas para atender imprevistos. (29/01/15)