A Xuíza de Negreira, enviou a prisión ao home que fora acusado de violar durante anos ás tres fillas da súa ex parella e tamén a unha cuarta que ambos teñen en común. A decisión xudicial é por tres delitos de agresión sexual // Buscan en Vilagarcía unha rapaza de 17 anos desaparecida dende antonte, cando saíu do Instituto onde estuda bacharelato. Tiña que ter collido o autobús para voltar á casa, pero non o fixo, por causas que se descoñecen // O Celta espera mañá voltar á xeira de vitorias, fronte ao Eibar en Balaídos. Os vascos teñen conquerido mais puntos fóra que na casa // O Deportivo, en postos de descenso, visita a un Atlético de Madrid,de Champions. Nesta Liga e no Calderón só lle gañou o Celta. 28/11/14